HomeCultura“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A obra, escrita por Carme Varela, foi merecedora do 25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Poderase ver este 26 de febreiro ás 20:15 h. no Edificio Multiusos .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios, corresponde hoxe á compañía Producións Teatrais Excéntricas. Representarase “As desterradas”, obra adaptada e dirixida por Quico Cadaval. A obra, escrita por Carme Varela, gañou o 25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de 5 euros e 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

SINOPSE

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza hierática eclesiástica. Para rematar coa resistencia das freiras, os señores da Igrexa non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais.

Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

O elenco está integrado por Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...