HomeTerra de LemosMonforteO Pleno do Concello de Monforte que promete preguntas, respostas e disputas

O Pleno do Concello de Monforte que promete preguntas, respostas e disputas

O 28 de maio o Concello de Monforte celebrará o seu Pleno ás 20:00 horas na casa consistorial

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno do mes de maio do Concello de Monforte augúrase longo e intenso. Dende as formacións políticas do PP, BNG e os concelleiros non adscritos, teñen programadas unha ampla batería de preguntas e rogos dignos dos padales máis famélicos de información.

Dende o PP, Julia Rodríguez pediralle ao Alcalde que se cumpra o contrato con Aqualia nos termos acordados, pois consideran que, “non nos podemos fiar do alcalde, nin do seu baile de cifras, nin das súas propostas surrealistas”. Dende a súa formación aseguran que o rexedor nunca tivo vontade real de reclamarlle á concesionaria da auga o que debían. Por outra banda, tamén teñen previsto preguntarlle ao rexedor pola ubicación da canceira que se vai construir na comarca e que recentemente anunciou a Deputación de Lugo posto que ninguén anunciou o lugar.

Pola súa banda, o BNG ten programado levar a pleno a limpeza do Río Cabe na zona da Pinguela. Dende a súa formación consideran que a auga putrefacta, os mosquitos e roedores de gran tamaño, supoñen un perigo para a poboación dende que en 2016 rompera a presa da Pinguela. Nesta reunión tamén solicitarán que se tomen medidas para paliar o problemas das especies exóticas invasoras no río da cidade.

Finalmente, o grupo de concelleiros non adscritos, e gardando relación cos últimos casos de curriculos falseados na política nacional, van solicitar que o goberno de José Tomé Roca publique na páxina web do Concello o expediente académico e profesional de todos os integrantes da corporación municipal en aras de transparencia.

Con todas estas preguntas programadas por parte da oposición, presúmese que o Alcalde vivirá un Pleno onde vai ter que dar moitas respostas.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...