HomesociedadeA comezos de abril a residencia de Pantón recibirá aos primeiros usuarios

A comezos de abril a residencia de Pantón recibirá aos primeiros usuarios

Este 28 de marzo, a Fundación San Rosendo organizou unha xornada de portas abertas na que familias e veciños puideron percorrer as instalacións, coñecer os servizos que se ofrecerán e resolver as súas dúbidas sobre a atención aos futuros usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación San Rosendo prepara a apertura da súa residencia en Ferreira de Pantón coa chegada dos primeiros residentes en abril. O novo centro ofrecerá coidados especializados a 36 usuarios, e o persoal irase incorporando de forma paulatina, adaptándose á chegada dos residentes para garantir un servizo próximo e de calidade desde o primeiro día.

José Luis Gavela, presidente da Fundación San Rosendo, sinalou que “esperamos dar a benvida aos primeiros residentes de Ferreira de Pantón tras a Semana Santa”. Ademais, recalcou que esta apertura “consolida o noso compromiso de ofrecer atención de calidade en contornas modernas e acolledoras”. Cando a residencia estea completa, xerará 20 empregos directos na comarca.

A Fundación San Rosendo dispón de 73 centros asistenciais en Galicia: 59 para persoas maiores, 11 para persoas con discapacidade, un para o tratamento do alcoholismo, un centro de inclusión e unha escola infantil. En total suman 3.919 prazas das que o 24,9% son concertadas. O equipo de profesionais ascende a 2.378 traballadores, un 4,6% máis que o ano anterior.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...