HomesociedadeA eclipse do 12 de agosto trae a Chantada unha completa axenda...

A eclipse do 12 de agosto trae a Chantada unha completa axenda como Municipio Starlight

O concello de Chantada prepárase para promover neste 2026 todas as súas potencialidades como Municipio Starlight.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 12 de agosto deste ano vivirase un fenómeno astronómico que non se vía na península en máis dun século e que non se repetirá ata o ano 2180. A eclipse solar total do 12 de agosto fai que a provincia de Lugo sexa o destino ideal para gozar deste fenómeno, xa que é a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade da eclipse.

No concello de Chantada comezarase a ver a eclipse ás 19:32:21h, alcanzando a súa totalidade ás 20:29:26h e o remate ás 21:22:51h. A isto engádense as condicións óptimas propias dun Municipio Starlight adecuado para visualizar este tipo de fenómenos, con espazos amplos e despexados, sen obstáculos para ver a posta de sol, momento no que se producirá a eclipse.

Chantada ademais de atoparse na franxa de totalidade, é un dos 3 destinos Starlight da provincia, dos 9 que hai en Galicia. Neste contexto o concello organiza unha ampla programación para promocionar esta celebración histórica e dar a coñecer as súas características como Municipio Starliht, certificación que se lle concedeu en marzo do 2025 por espazos como o Monte do Faro ou a ribeira na zona de Amedo.

Durante os meses previos á xornada do 12 de agosto o Concello de Chantada organiza as seguintes actividades dentro da súa programación de astroturismo:

  • Xornada de divulgación sobre a eclipse solar dirixida ao sector turístico e prensa local, que ofrecerá información práctica sobre o fenómeno para que despois poida ser trasladada a visitantes e cidadáns. Incluirá charlas e mesas redondas sobre astronomía básica dunha eclipse e observación segura, achegándose tamén ás implicacións sociais do fenómeno e con obradoiros e talleres prácticos sobre a fotografía da eclipse. A actividade en colaboración con Turismo de Galicia, terá lugar o 28 de abril, e darase a coñecer a súa axenda nos próximos días.
  • Actividades de guiado e observación estelar.
  • Obradoiro práctico de iniciación á astronomía, dirixido a empresarios e emprendedores turísticos.
  • Obradoiro de astrofotografía.
  • Charla divulgativa sobre a eclipse solar para o público en xeral.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...