HomeCulturaO documental "1846 – Revolución Galega" estréase este 31 de xullo na...

O documental “1846 – Revolución Galega” estréase este 31 de xullo na casa da cultura de Pantón

A Fundación Galiza Sempre estrea este venres 31 de xullo, na casa da cultura de Pantón a partir das 20:00h o documental 1846 – Revolución Galega, dirixido por César Caramês.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

1846 – Revolución Galega é o resultado de anos de traballo de investigación do profesor de lingua e literatura galega de Moraña, César Caramês, para recuperar do ostracismo un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza. A presentación, co gallo do 180 aniversario da revolución, contará con proxección e coloquio posterior co director.

A Fundación Galiza Sempre xa ten traballado nos últimos anos co obxectivo de desterrar do esquecemento esta parte da nosa historia. Ademais do documental e da publicación da colección de Efemérides da Galiza, xunto coa editora Tempo Galiza, impulsou unha edición facsimilar completa do xornal El Porvenir, publicado por primeira vez na súa integridade.

Aseguran que para entender a realidade de Galicia é necesario achegarse a este momento social, “Calquera achegamento á literatura galega do século XIX ou á historiografía de Galiza vese forzosamente incompleto sen abranguer un evento tan transcendental para a xeración que o protagonizou: Rosalía, Murguía ou Pondal preséntanse inexplicábeis se
descoñecemos o substrato do que abrollan”.

A dixitalización das fontes e a súa democratización permiten cuestionar o relato histórico, “A revisión da Revolución
Galega convértese así en fundamental para o entendemento da nosa historia recente e de nós mesmas como colectividade actuante sobre o noso destino a partir de precedentes claros”.

O traballo conta cun amplo elenco de 17 especialistas para contrastar a interpretación dos feitos e contexto desde diferentes puntos de vista: economía, literatura, antropoloxía, política, xénero, socioloxía, relixión e, por suposto historia contemporánea. Así, podemos atopar a Carlos Callón, Ascensión Cambrón, Camilo J. Cortizo, Uxío Breogán Diéguez- Cequiel, Isidro Dubert,
Eliseo Fernández, Manuel Gago, Xurxo Martínez, Francisco Prieto, Juan Renales, Henrique del Río, Francisco Rodríguez, Antom Santos, Goretti Sanmartín, Iria Taibo, Marga do Val e a X. Ramón Veiga.

1846 Revolución Galega / Fundación Galicia Sempre

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...