HomesociedadeFestas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Semana con axenda festiva e cultural de interese no Concello de Sober. Festas nunha das súas parroquias os días 22 e 23 e concerto do prestixioso gaiteiro o vindeiro día 20 de agosto.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de Brosmos celebra as súas festas patronais con música, actividades deportivas, xogos populares, inchables, pancetada e un interesante concurso de sobremesas. Serán os días 22 e 23 de agosto.

PROGRAMACIÓN AO DETALLE

O día 22 ás 9:30 h haberá unha ruta en bicicleta e unha andaina. A ‘Ruta Santa Cruz Bike 2026’ percorrerá fermosas paraxes da Ribeira Sacra e está organizada polo colectivo Biciracing.

Ás 13:00 h terá lugar a ofrenda aos Músicos da Banda de Santa Cruz de Brosmos e contará cun pregón a cargo de Lisa Pérez López. A continuación, ás 13:30 h celebrarase a procesión e a Misa.

Ás 14:00 h Concerto a cargo da Banda de Música de Sober.

Xa pola tarde, ás 18:30 h xogos populares e inchables para os máis pequenos, e partido de fútbol interxeracional.

Chegada a noitiña, ás 21:00 h pancetada e concurso de sobremesas para chegadas as 22:00 h celebrar unha gran verbena co dúo Son de Festa e o DJ Porfirio de Armenteira.

O domingo 23 ás 10:00 h haberá unha alborada co grupo de gaitas Os Texeiras e ás 13:30 h procesión e Misa coa participación musical do grupo O Trícole.

CONCERTO DE CARLOS NÚÑEZ

O vindeiro día 20 de agosto os xardíns do Pazo de Sober acollerán ás 20:00 h un concerto de Carlos Núñez. A actuación está enmarcada dentro da súa xira ‘Lugares máxicos 2026’ e as entradas poden mercarse en ataquilla.com

ÚLTIMAS

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...