“Prepárate para entrar nun mundo onde o medo, a adrenalina e a diversión mestúranse nunha experiencia que non esquecerás”, así reza en redes sociais un dos chamamentos que fan dende a organización para crear expectación de cara ao Quimedo 7, un dos eventos de terror que se celebra no Samaín con máis seguimento e prestixio de Galicia.
Cun límite de prazas que se fixa en 1.500 participantes, este 4 de setembro sairon á venda 100 entradas a 10 euros, unha ocasión para non desaproveitar pois canto máis se achega a data do evento o prezo vai subindo. Aqueles que as merquen despois, ata ao 30 de setembro, pagarán 14 € de entrada, e os que o fagan do 1 ao 16 de outubro, 17 €. A partir desta última data, e se quedaran entradas ata completar o aforo devandito, xa se collerían na billeteira.
Para as inscricións hai que descargar o formulario dende a páxina web do Concello de Quiroga ou dende a do Quimedo.
En vindeiras datas poderanse coñecer a través das redes sociais e da prensa as Casas do Terror e máis detalles desta edición nunha ruta que promete moitos sustos, sorpresas e personaxes terroríficos.
O Quimedo está organizado pola asociación QuiRoma e conta coa colaboración do Concello de Quiroga.


