HomePolíticaEsperta Monforte presentou as súas alegacións á Ponte do Malecón, "Imos loitar...

Esperta Monforte presentou as súas alegacións á Ponte do Malecón, “Imos loitar ata o final”, aseguran

Esperta Monforte presentou este xoves as súas alegacións contra o proxecto da ponte de ferro do Malecón, dando un novo paso na súa oposición frontal a unha actuación que considera inaceptable para Monforte e para un dos espazos máis emblemáticos da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Esperta Monforte consideran que non se pode transformar o Malecón cunba actuación destas características sen ter en conta a opinión da cidadanía e o impacto que terá sobre o propio espazo e sobre a irnaxe de Monforte. Aseguran que a presentación de alegacións é un paso máis e anuncian que continuarán e intensificarán as súas accións reivindicativas,
de mobilización e sensibilización cidadá ata conseguir que o proxecto sexa paralizado. “Non irnos quedar de brazos cruzados. Presentamos alegacións porque ternos argumentos para opoñemos a este proxecto, pero tamén irnos saír á rúa e mobilizamos cantas veces sexa necesario. O Malecón non se toca”, afiman.

A organización considera que Monforte merece proxectos que melloren a cidade e respecten o seu patrimonio, a súa paisaxe e os seus espazos públicos, e non actuacións que, ao seu xuízo, supoñan unha alteración innecesaria dun lugar tan
representativo.

Esperta Monforte reclama ás administracións implicadas que escoiten as alegacións e á cidadanía antes de continuar coa tramitación do proxecto e fan un chamamento á veciñanza para que se implique nesta reivindicación, “Se pensan que con seguir adiante coa tramitación van conseguir que calemos, equivócanse. Irnos continuar loitando. Ata o final e por todas as vías ao noso alcance, para evitar que esta ponte se constrúa”.

Nas alegacións Esperta Monforte, Interior Galego Vivo expón:

  • A necesidade de xustificar convenientemente a nova infaestrutura e avaliar outras alternativas
  • O impacto paisaxístico e urbano sobre o Malecón
  • Protección do patrimonio histórico e transformar en peonil a ponte vella
  • Necesidade dun estudo de mobilidade independente
  • Importancia da consulta e participación cidadá
  • Princio de prudencia ante unha actuación irreversible
  • Interese público e racionalidade do investimento

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...