HomesociedadeA conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra...

A conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra e felicita os recoñecementos internacionais

María José Gómez visitou este venres co director da AGACAL, Martín Alemparte, a adega Don Bernardino en Amandi, que recibiu dous destes recoñecementos no certame de Aosta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A titular de Medio Rural sinalou que a calidade e a vinculación co territorio caracterizan á produción vitivinícola en xeral e desta zona en particular. Destacou a calidade e o recoñecemento internacional dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que veñen de ser galardoados cun total de 18 medallas de ouro na última edición do Mondial de Vins Extrêmes 2026, celebrado o pasado mes de agosto no Val de Aosta, en Italia.

Concretamente, a adega Don Bernardino recibiu a Gran Medalla de Ouro co seu Mencía de Amandi 2025 e Medalla de Ouro co seu Cuarta Xeración de 2022. Cabe sinalar que este certame está especializado en caldos procedentes da viticultura heroica, como é o caso da Ribeira Sacra.

A conselleira lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas específica para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión de viñedos na Ribeira Sacra, cuxa última convocatoria se resolveu cun orzamento de 1,5 millóns de euros para 700 persoas beneficiarias.

Por outra banda, Gómez fixo puxo de relevo o compromiso do Goberno autonómico por este sector, que se materializa tamén a través doutras iniciativas para impulsar a elaboración, comercialización e promoción de produtos vitivinícolas, a modernización de viñedos e para apoiar o labor desenvolvido polos consellos reguladores Deste xeito, asegurou que se seguirá a traballar nesta liña a través do apoio económico e da colaboración constante e fluída co sector, co obxectivo de seguir impulsando este eido produtivo para así garantir a súa sustentabilidade e consolidar o seu éxito.

Visita vendima Adegas Don Bernardino / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camino Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...