HomesociedadePantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

Estas actividades plantexadas para fomentar a participación e o vínculo comezan unha nova andaina, este martes, 6 de outubro ás 20:00h na Casa da Cultura de Ferreira, para celebrar unha vez ao mes. Despois de que no pasado ano o grupo participara con moita decisión das diferentes propostas, para esta nova andaina espérase recoller ese espírito de comunidade para afianzar o grupo e seguir compartindo como afectan certas dinámicas, como os homes se comportan nos diferentes espazos e saber identificar as violencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos Sociais puxo en marcha os encontros “Por que nos xuntamos os homes?” que se encadran na programación do #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Cada mes a Casa da Cultura de Ferreira acollía esta actividade, só destinada a homes e pensada como espazo de encontro e coidado para que os participantes poidan intercambiar inquedanzas sobre o papel dos homes nos contextos actuais e o seu compromiso para unha igualdade real.

Algunhas das cuestións tratadas durante estos talleres afondaban en temáticas como:

Que responsabilidade temos os homes para acabar coa violencia?

Como facemos para recoñecer e abandonar privilexios?

Como reconectar coas nosas emocións e vulnerabilidade?

Podémonos organizar como grupo de homes para contribuír a eliminar as desigualdades de xénero?

Nestes encontros sobre masculinadades e a súa socialización conseguiuse crear un espazo para reflexionar de modo transversal sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual, privilexios, problemáticas e deberes.

Desde o Concello de Pantón anímase á participación tanto dos homes da primeira tempada como da novas incorporacións para facer medrar este tipo de espazos de diálogo que fomentan a igualdade. Para estreitar os lazos compartidos a programación deste curso ampliarase con novos obradoiros e a celebración dunha fin de semana intensiva.

ÚLTIMAS

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...

Os Ministreles: “Nalgunha parroquia xa é o cuarto ano consecutivo que acudimos”.

“Somos un pequeno grupo de amigos unidos pola música tradi, porqué o noso único...