HomesociedadeO Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas,...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

Con estas axudas preténdese fomentar a participación cidadá e apoiar iniciativas destes colectivos que contribúen, entre outras cousas, a aumentar a oferta cultural e formativa, a impulsar proxectos deportivos e a favorecer a integración social. O concello vén de dar a coñecer os importes recibidos por cada entidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas entidades deportivas, culturais, recreativas, formativas e sociais da cidade para o desenvolvemento da súa actividade durante o actual exercicio 2026.

O rexedor monfortino, José Tomé, destaca o importante traballo que realizan estas entidades, inscritas no rexistro de asociacións municipal e caracterizadas por non teren ánimo de lucro. Nese senso sinala que “estas axudas son unha mostra clara do compromiso deste Equipo de Goberno co tecido asociativo da nosa cidade e co labor que desenvolven as entidades deportivas, culturais e sociais ao longo do ano”. Lembrando, ademais, a colaboración do Concello ao apoiar “un labor que consideramos fundamental, porque estas entidades realizan un traballo que contribúe a dinamizar a vida de Monforte, a fomentar a participación cidadá e a ofrecer actividades e servizos dos que se beneficia o conxunto da sociedade”.

SUBVENCIÓNS PARA O FUNCIONAMENTO DE ASOCIACIÓNS, CLUBS E COLECTIVOS

Catorce entidades que promoven iniciativas deportivas, culturais e socias en Monforte de Lemos recibiron axudas económicas do Concello de Monforte para poder desenvolver a súa actividade no 2026. En total repartíronse 63.100 € do seguinte xeito:

  • Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo: 3.000€
  • Clarisas Centro Purísima Concepción: 4.000€
  • Club Fluvial: 1.000€.
  • Club de Tiro Olímpico Cabe: 500€
  • A.D. Escolapios: 1.000€
  • Club Lemos: 20.000€.
  • Club Pesca Monforte: 1.100€
  • Sociedade Val de Lemos Caza y Pesca: 1.500€
  • Club Quixós: 6.000€
  • Náufragos do Paradiso: 4.000€
  • Asociación Festival Carude Rock: 4.000€
  • Fancine de Lemos: 5.000€
  • Club Natación Monforte: 10.000€
  • Cruz Vermella: 2.000€.
AXUDAS PARA ACTIVIDADES CONCRETAS DE ENTIDADES

Esta liña de subvencións municipais está pensada para colaborar economicamente con actividades concretas realizadas por asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas no exercicio 2026. A contía máxima por axuda é de 1.000€, non podendo superar o 70% do importe subvencionable. Ademais, as axudas teñen carácter único e non acumulativo non podendo superar o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario. En total repartíronse 14.233.54 € entre 15 colectivos.

Relación de beneficiados/as e actividade concreta subvencionada:

ASOCIACIÓN CULTURAL LODEIROXORNADA DE PORTAS ABERTAS1.000,00
ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRAANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO1.000,00
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE RIBASALTASVIAXE CULTURAL CANTABRIA1.000,00
ASOCIACION CULTURAL DE GULLADEOBRADOIRO DE PANDEIRETA, CANTO E PERCUSION1.000,00
AFA DO CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARAACTIVIDADE ANUAL DA AFA A GANDARA1.000,00
A.C. OS XOGRARES DE LEMOSII FESTIVAL DE VERÁN 2026 XOGRARES DE LEMOS1.000,00
A. C. MUSICAS DE MONFORTEOBRADOIRO DE CESTERIA756,84
CLUB FLUVIAL DE MONFORTE DE LEMOSPROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS, LUDICAS E RECREATIVAS1.000,00
ANPA A LAGOA CEIP PLURILINGüE DE MONFORTEACTIVIDADE ANUAL DA ANPA A LAGOA1.000,00
A. C. SAN MARTÍN DE PIÑEIRACLASES DE BOLILLOS1.000,00
AGRUPACION FOLCLORICA LEMAVOSENSAIOS, INVESTIGACION ETNOGRAFICA E ACTUACIONS1.000,00
ASOCIACION DE VECIÑOS DE PIÑEIRAXIMNASIA DE MANTENIMIENTO PERSOAS ADULTAS1.000,00
A. DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRAXUNTANZAS PALILLEIRAS1.000,00
ASOCIACIÓN BATTUEREACTUACIONS MUSICAIS476,70
A. C. AMIGOS DA PANDEIRETAVIAXE CULTURAL A PORTUGAL1.000,00

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...