HomesociedadeO mamut, protagonista do novo material de promoción turística do Incio

O mamut, protagonista do novo material de promoción turística do Incio

Elaboráronse 750 postais, 5.000 salvamanteis e 4.000 marcapáxinas con 4 ilustracións diferentes, cos que promover a riqueza paisaxística e cultural do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello, que contou cunha achega de 3.300 euros da Deputación para a realización deste material, distribuirao entre restaurantes, hoteis, casas rurais e demais negocios de hostalería da vila para que sexa repartido entre os seus clientes e poidan levalo de lembranza.

No novo material turístico promocional empregouse a imaxe dun mamut atopado na canteira de Buxán, no 1961, os únicos restos deste animal prehistórico que foron descubertos en Galicia. Aínda que non están datados, a súa antigüidade estímase que pode estar entre os 150.000 e 20.000 anos. O mamut do Incio comeza a ser xa un símbolo turístico do municipio e con esta iniciativa búscase consolidalo para atraer máis visitantes.

Laura Celeiro, alcaldesa do Incio, recollendo o material. Foto: Prensa Deputación de Lugo

As outras tres imaxes que aparecen no novo material son: San Eufrasio, na parroquia de Santa María do Mao, segundo a tradición, san Eufrasio foi un dos chamados sete varóns apostólicos que trasladaron o corpo de Santiago Apóstolo ata o seu sepulcro en Compostela; Julia Espín, a musa do poeta Gustavo Adolfo Bécquer, que o inspirou para escribir as súas Rimas, Julia casouse co enxeñeiro e político Benigno Quiroga Ballesteros, que tiña raíces familiares no municipio; e os Danzantes de Cervela da parroquia de San Cristovo de Cervela, que pola Santa Lucía montan un espectáculo de gran colorido e de interese etnográfico con máis de cinco séculos de antigüidade.

 

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...