O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e variada programación para desenvolver durante os meses de outono. Ademais das disciplinas físicas como pilates, aeróbic e mantemento que se desenvolven durante toda a tempada en Ferreira e nas parroquias; a axenda inclúe numerosas citas teatrais dominicais e proxeccións e concertos programados para as tardes.
Destacan tamén eventos festivos tradicionais moi esperados pola comunidade, tales como o Magosto Popular e a Festa do Samaín. As actividades están deseñadas para fomentar a participación cidadá a través de opcións recreativas e de entretemento.
Na Biblioteca Pública Municipal, Milagros Pardo González, desenvólvense os xoves de outubro e novembro as xornadas, Tardes na Biblioteca.
As representacións teatrais terán lugar no salón de actos da centro sociocultural os domingos, a partir das 18:00h. Comezarán este domingo, 25 de outubro, Lilá Teatro por escena a obra “Entrenomias da Silva”. O 1 de novembro, o grupo Viraventos Teatro interpretará a obra “Hotel Esperanza”. Sr. López Produccións ofrecerá o día 8 de novembro a obra “A vida é soño (ou case)”. O ciclo de teatro péchase o 15 de novembro con Parápano Teatro e a obra “A sala de xogos”.
Nos seguintes domingos tomarán os relevo as citas co cine, mantendo o horario das 18:00h. O 22 de novembro a cita será con Cinema Portuguesa na Ribeira Sacra. O 29 de novembro contarase co filme “Sete Oportunidades” en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Monforte para poñerlle música en vivo. E xa o domingo, 13 de decembro celebrarase o Festival de Curtas Solaneras.
A estas actividades engádense dúas celebracións que contan con gran participación cada ano en Pantón, a Festa do Samaín que se celebrará o sábado, 31 de outubro desde as 17:00h e o Magosto Popular que terá lugar o sábado, 7 de novembro.


