HomeCulturaO IES Val do Asma de Chantada acolleu un taller de regueifas

O IES Val do Asma de Chantada acolleu un taller de regueifas

O obradoiro, dirixido a estudantes de 1º curso da ESO, foi impartido pola filóloga e regueifeira, Alba María Rodríguez. Nel, a través da improvisación en verso, os estudantes analizan a evolución de España nos últimos 50 anos, mentres aumentan os coñecementos de recursos retóricos, adquiren ferramentas de expresión oral e coñecen a importancia das linguas cooficiais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, asistiu esta semana no IES Val do Asma de Chantada a un taller de regueifas para dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso, fomentar as ferramentas discursivas co fin de afrontar situacións cotiás desde a igualdade e os valores democráticos, espertar vocacións artísticas e implicar ao alumnado no patrimonio cultural, mellorando a súa dicción e a súa oratoria.

Alí, a subdelegada destacou “a necesidade de que a tradición das regueifas, que nos chega desde tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible”, e agradeceu a predisposición do centro educativo a participar na proposta.

Esta actividade replicarase con alumnos do IES Terra Chá de Castro de Rei e do IES de Foz, nunha acción realizada baixo o impulso da Subdelegación do Goberno en Lugo e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade

ÚLTIMAS

Obradoiro para aprender a identificar e combater a desinformación, este 22 de outubro na casa da cultura de Monforte  

O acceso constante a contidos informativos fai cada vez máis necesario contar con ferramentas...

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...