A entidade cultural Kulturnavila, promotora do “Bóveda Slam Poetry”, comunica un cambio de localidade e de nome ao tempo que fai balance da traxectoria deste evento dende o 2023 e agradece ao Concello de Bóveda e ao público en xeral a boa acollida destes anos.
COMUNICADO COMPLETO
“Bóveda Slam Poetry constituíuse coma sede de Poetry Slam no ano 2023 e, despois de celebrados seis encontros, inscribiuse na asociación Poetry Slam España, que acolle as distintas sedes que compoñen a rede de Poetry Slam do estado. Bóveda Slam Poetry organizou catro tempadas de Poetry Slam, un total de 24 encontros, a primeira delas para poder inscribirse en Poetry Slam España e poder participar nos encontros estatais que se organizan cada ano. Bóveda Slam Poetry participou nos campionatos estatais do 2024, 2025 e 2026, organizados respectivamente en Santander, Lleida e Cartaxena.

A asociación Kulturnavila, organizadora de Bóveda Slam Poetry, tendo en conta que a maioría do público que asistiu aos diferentes encontros veu de fora do municipio, decidiu recolocar a actividade de Poetry Slam en Sarria, vila da que proveu a maior parte do público, así coma moitos dos poetas participantes, polo que precisa, para cumprir coas normas da comunidade de Poetry Slam España, cambiar o nome da actividade. O novo nome, para aludir dalgún xeito á cidade que a partir de agora acollerá o poetry slam, será ULTREIA POETRY SLAM.
Kulturnavila agradece a acollida e o apoio que tivo do Concello de Bóveda para a realización desta actividade cultural, na que o público é un actor indispensable”.

