A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar o cooperativismo agrario, reforzar a unión entre os socios, celebrar os logros da empresa e impulsar proxectos compartidos de futuro.
Así, no acto destacouse a contribución positiva das cooperativas na continua modernización do sector agrario galego e da súa progresiva adaptación cara un mercado máis amplo, diverso e esixente. Deste xeito, supoñen unha ferramenta de gran potencialidade para a reestruturación e a modernización do medio agrario para conseguir obxectivos de sustentabilidade económica e medioambiental.

Cooperativa Lemos xuntanza 2026 / PP Facebook

