HomeCultura"Explorando perdas" con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de...

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

Paula Santos é educadora social, especializada en terapia familiar sistémica e con formación en terapia Gestalt. Leva máis dunha década acompañando a persoas, especialmente a familias, infancia-adolescencia e grupos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de Paula Santos explorarase o concepto de perda, ampliando a nosa mirada cara as distintas situacións vitais que a orixinan para recoñecer as diferentes perdas polas que podemos transitar ao longo da vida. O obxectivo, crear un espazo seguro que permita comprender e acoller as emocións que xorden con elas, facilitando a súa elaboración e a súa integración.

Este Faladoiro está organizado pola Concellería de Servizos Sociais e o CIM de Quiroga, contando con Maite Pérez, Concelleira de Igualdade, e Xosé Manuel Fdez. Concelleiro de Servizos Sociais como moderadores.

Entre outras intervencións Paula Santos organiza charlas divulgativas e seminarios orientados a cuestións de impacto social. O enfoque é práctico e reflexivo, abranguendo temáticas como a igualdade e a prevención machista, o uso responsable das tecnoloxías, a saúde mental e a educación emocional.

A proposta de actividade en Quiroga baséase na necesidade de recoñecer que a dor é unha resposta humana universal que se activa ante calquera tipo de perda significativa, non exclusivamente ante a morte dun ser querido. Ao longo da vida, as persoas podemos atravesar rupturas sentimentais, abortos, migracións, despidos laborais, perda de saúde ou imposibilidade de continuar proxectos que se tiñan construídos.

Cada unha destas experiencias implica unha redefinición de vínculos e alteracións da identidade, xerando un proceso de adaptación emocional, que, se permanece sen ser atendido pode converterse entre outras cousas en: sufrimento crónico, aillamento social, desaxustes emocionais ou somatizacións que poden impactar negativamente na calidade de vida da persoa.

ÚLTIMAS

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...