HomeCultura“#Influencers” no Edificio Multiusos de Monforte este xoves, 29 de outubro

“#Influencers” no Edificio Multiusos de Monforte este xoves, 29 de outubro

A función, ás 20:15 horas, corre a cargo da compañía Negro López, que presenta unha peza escrita e dirixida por Chiqui Pereira, con Elsa Comesaña, Iván Davila e Brais Iriarte no escenario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 29 de outubro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación da obra “#Influencers”. A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, cunha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.

O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.

‘ELO MAIS Influencer Race Spain’ é un concurso no que diferentes creadores de contido competirán para demostrar quen é o mellor! E xa se sabe, nesta época dominada por likes, sempre hai alguén disposto a por en dúbida o resultado dunha votación. #Influencers é un espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas redes sociais, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea.

A próxima cita teatral en Monforte será o xoves, 5 de novembro. Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre” ás 20:25 no Edificio Multiusos de Monforte.

ÚLTIMAS

A CIG Saúde denuncia a amortización dunha praza no servizo de Dixestivo do Hospital de Monforte

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia a amortización dunha praza...

Paso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Padre Feijoo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta das xestións realizadas ante a...

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios,...

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...