Homesociedade'Saborea e Canta o Outono', festival gastrocultural que organiza a delegación sur...

‘Saborea e Canta o Outono’, festival gastrocultural que organiza a delegación sur da Apehl

Celebrarase o venres 13 de novembro, de 20:30 a 24:00 horas, na praza de Abastos de Monforte de Lemos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres 30 de outubro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) volve poñer en marcha a campaña ‘Saborea e Canta o Outono’ tras a boa acollida de edicións anteriores. O festival gastrocultural celebrarase o venres 13 de novembro, de 20:30 a 24:00 horas, na praza de Abastos de Monforte de Lemos.

Os establecementos participantes disporán dun stand no que ofrecerán tapas elaboradas con produtos típicos do outono e no apartado de bebidas, unicamente poderán servir auga. A xornada contará ademais coa participación de adegas da DO Ribeira Sacra.

A programación completarase con música en directo desde as 20:30 horas ata o peche do evento, así como con actividades dirixidas aos máis pequenos. En vindeiras datas darase a coñecer o artista ou a formación musical que amenizará o evento.

A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición ata o 30 de outubro. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa delegación sur da Apehl a través do teléfono 982 412 050.

ÚLTIMAS

“#Influencers” no Edificio Multiusos de Monforte este xoves, 29 de outubro

Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 29 de...

A CIG Saúde denuncia a amortización dunha praza no servizo de Dixestivo do Hospital de Monforte

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia a amortización dunha praza...

Paso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Padre Feijoo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta das xestións realizadas ante a...

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios,...