A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor de 15 anos ao que se lle perdeu a pista este mércores en Monforte de Lemos (Lugo). Segundo a información facilitada no cartel de busca que se difundiu a través das redes sociais, o menor mide 1,80 metros, ten complexión atlética, cabelo negro e rizado e ollos cor abelá.
A desaparición foi denunciada ante a Policía Nacional, con sede en Monforte de Lemos, que se encarga de investigar o caso. A asociación solicita a colaboración cidadá para obter calquera información que poida axudar a localizar o menor. As persoas que dispoñan de datos poden contactar con SOS Desaparecidos a través do teléfono 868 286 726 ou do correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.

