O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a felicitar a Plácida Pérez Pazos polo seu 100 aniversario e fíxolle entrega dun ramo de flores.
A centenaria naceu en Doade de Proendos, unha aldea hoxe deshabitada, e pasou gran parte da súa vida na vila de Sober, onde vive co seu fillo Eduardo e a súa nora Gloria. É viúva desde os 30 anos. Tivo un bar na localidade e viviu en Venezuela nos anos 50.
O Concello de Sober conta a día de hoxe con nove centenarias, todas elas mulleres. Este ano 2026 faleceron 4 homes de máis de cen anos e incorporáronse a este selecto club 6 mulleres.


