HomePolíticaAs Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

A portavoz de Política Social do Grupo Popular, Raquel Arias, acompañada polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, comprobou neste concello o funcionamento deste recurso itinerante, que complementa as oficinas físicas. Arias destacou que no ano 2024 -o último do que figuran datos do Instituto Nacional de Estatística-, retornaron á provincia de Lugo 914 persoas, das que oito fixérono a Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde a súa posta en marcha, a principios do ano 2020. Pola súa banda, a Oficina Móbil xa realizou 85 visitas a máis de 50 concellos da provincia -o 75% do total- desde 2024. Implementada dentro da Estratexia Galicia Retorna 23-26, a Oficina Móbil do Retorno leva atendidas xa máis de 750 familias nas 372 visitas realizadas a 232 diferentes concellos de Galicia.

As oficinas físicas, en paralelo, xa atenderon na nosa Comunidade un total de máis de 40.000 persoas. Arias salientou a importancia deste recurso despregado pola área de Emprego, Comercio e Emigración á hora de apoiar a todas as galegas e galegos do exterior que se atopan no proceso de volver a residir en Galicia. A Oficina Móbil despois de estar en Sober e no Incio, acode o 12 de novembro, ás Nogais; e o venres, 13 de novembro, a O Valadouro.

Arias sinalou que no 2027 o programa Retorna Cualifica Emprego e o conxunto das políticas de atracción de talento do exterior disporán de máis de 4 M€, aos que se engaden 2,8 M€ para as axudas extraordinarias ao retorno. A esta aposta sumaranse a celebración de novas feiras de emprego no exterior e as bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (2,5 M€), que veñen de acadar a súa 10ª edición como ferramenta consolidada para atraer talento cualificado.

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...