HomePolíticaPontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional participou xunto á cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, nun acto en Monforte, cidade escollida para o primeiro día de campaña polo BNG para trasladar as súas propostas en materia ferroviaria de cara ao 29-N. "Non imos permitir que vivir no interior de Galiza sexa sinónimo de menos servicios, menos oportunidades e menos investimentos", destacou Pontón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico, tanto para o transporte de persoas como de mercadorías, aproveitando esa posición para impulsar a actividade económica e o emprego na comarca. 

Recuperar trens nocturnos, activar as cercanías e reforzar o transporte de mercadorías son algúns dos compromisos plasmados na Axenda Galega do BNG. Pontón apostou ademais por establecer a conexión ferroviaria co porto seco de Monforte, “un bo exemplo do abandono gubernamental tanto por parte da Xunta, que non acaba de urbanizar e dotar de servizos a futura plataforma loxística, como do Estado, que non fai as conexións co ferrocarril nin coa N-120.”

O BNG defenderá tamén en Madrid ampliar as actuacións no corredor A Coruña-Lugo-Monforte, sen novos atrasos; modernizar as conexións ferroviarias, incluída a liña Ferrol-Ribadeo, e unha conexion ferroviaria directa entre Santiago e Lugo; completar o Corredor Atlántico no eixo Ourense-Monforte-Lugo e no tramo León-Monforte.

Pontón e Rodil en Monforte / BNG

A portavoz nacional concluíu pedindo aos galegos e as galegas o apoio ao BNG para que Galiza se faga respectar en Madrid, no caso de Lugo da man de Olalla Rodil. A cabeza de cartel por Lugo explicou que o BNG escolleu precisamente como escenario neste primeiro día de campaña, a estación do ferrocarril de Monforte “para deixar claro que unha das súas prioridades políticas é mellorar a conectividade e a cohesión territorial, reforzando as comunicacións na provincia.” 

Na mesma liña que Pontón, Rodil destacou o traballo feito na pasada lexislatura polo único deputado do BNG en Madrid para iniciar as obras de modernización e de electrificación fa vía que conecta Lugo con Ourense. “Agora están en probas, pero aínda queda moitísimo por facer para garantir que Lugo este conectada por tren como se merece e como necesita”, apuntou a candidata, aludindo expresamente á necesidade de recuperar frecuencias perdidas . “A xente que vivimos e traballamos nas comarcas de Lugo merecemos un servizo de tren á altura das necesidades da veciñanza e do século XXI”, concluíu.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...