HomeCultura'Festival do humor' en Quiroga esta noite

‘Festival do humor’ en Quiroga esta noite

A velada deste sábado promete ser espectacular pois preséntase unha sesión triple de monólogos. Tres recoñecidos humoristas do panorama nacional farán escachar de risa aos presentes.

Publicado o

- Advertisement -

O espectáculo de monólogos será na Cervecería Ruxe-Ruxe, un local que dende hai case catro anos segue apostando polos shows en directo, un auténtico ‘outsider’ no sur de Lugo que quere darlle a benvida á primavera con humor a esgalla. Este evento, ademáis de novidoso, pasa por ser un dos poucos ‘Maratóns de humor’ que se teñen feito por estas terras do sur de Lugo, polo menos no que a un local nocturno se refire. Tres humoristas, tres estilos e unha noite que se presenta especial para pasar unha noite de risas. Dende o humor campechano de Edgar Hita, pasando polo humor máis socarrón e incluso negro de Álvaro Velasco ata chegar a Óscar Guillén coas súas anécdotas con galegos e co cannabis.

O comezo está programado para as 00.00 h. e a entrada é de balde. Se se completa aforo non se deixará entrar a ninguén máis.

Os humoristas que participarán esta noite son:

EDGAR HITA

Humorista de Barcelona que se atopa de xira por Galicia sendo Quiroga o seu terceiro e último destino despois de actuar en Vigo e Lugo capital. Edgar conta cunha traxectoria contrastada, con texro par público adulto e anécdotas inverosímiles que darán que falar e comentar. O seu humor é moi campechano e universal, destacando no apartado do currículo na faceta de colaborador radiofónico na Cadena SER.

ÁLVARO VELASCO

Este madrileño de Puebla de Sanabria pode presumir de ter sido un dos grandes ‘aportadores de monólogos’ ao prestixioso canal temático Comedy Central. Pero ollo, no seu currículo non é de descoidar que é xornalista deportivo e guionista en Globomedia, unha das produtoras máis potentes a nivel nacional.

Álvaro Velasco. Foto cedida

Un auténtico crack escribindo e interpretando monólogos nos que se basa na curiosa observación da sociedade, recorrendo ao humor negro se fai falta e sen ningún tipo de complexo.

ÓSCAR GUILLÉN

Madrileño afincado en Galicia, ou ‘galego de Madrid’ como se define el, Guillén sempre lle pegou á escritura de comedia pero ata que se instalou na nosa Terra non lle deu por subir a un escenario.

Dende ese momento fai comedia regularmente e percorreu case todos os locais de comedia de Galicia e algúns do circuito nacional.

Este 2019 estrena un show ao que bautiza como “Sin título”,que será un reflexo de todas as experiencias vividas, escritas, imaxinadas, improvisadas e mamadas estes anos. Un detalle que o caracteriza neste mundo do humor é que foi fundador de “The green Comedy”, comedia fumeante coa que percorre asociacións cannábicas egrows por toda España defendendo o cáñamo e todas as súas virtudes.

Óscar Guillén. Foto: Rufino Andión

 

ÚLTIMAS

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...