HomesociedadeOs catadores da Guía Peñín valoran 57 mostras da D.O. Ribeira Sacra

Os catadores da Guía Peñín valoran 57 mostras da D.O. Ribeira Sacra

Os catadores da Guía Peñín destacan a diversidade e singularidade dos viños da D.O. Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

O equipo de cata da Guía Peñín, formado por Carlos González e Javier Luengo, visitaba esta semana, a sede do C. R.D.O.R.S. onde levaron a cabo a cata. Presentábanse 57 mostras de 20 adegas da Denominación. Das 57 mostras, 31 correspondían a viños tintos, 12 a brancos, 13 a tintos en barrica e 1 era un viño rosado, nova tipoloxía de viño na D.O. Ribeira Sacra desde o 2018.

Carlos González destacaba dos viños tintos da colleita 2018, a súa limpidez,“A min pareceume, sobre todo, unha colleita moi limpa. Apréciase claramente a froita, esas notas de froita vermella, ese cheiro á Galicia interior, eses balsámicos, é herba verde… Que sexa máis ou menos madura depende das procedencias”.

Á hora de referirse aos tintos de barrica, Javier Luengo, apuntaba que “Pola influencia climática da zona, as crianzas en barrica absorben moito nas elaboracións, e hai que ser coidadoso á hora de utilizar a madeira polo tipo de uva e a frescura dos viños. Vimos que nos últimos anos as adegas están apostando por estas elaboracións con crianzas, o que é lóxico tendo en conta o custoso de elaborar os viños nestas terras.

A Guía Peñín cumprirá, con esta edición, 30 anos e case 400.000 viños catados en España. Con esa bagaxe, consideran que os viños da D.O. Ribeira Sacra teñen un carácter diferenciador, froitoda diversidade, que dá lugar a viños singulares resultado dunhas condicións climatolóxicas e edafolóxicas especiais onde se mestura unha boa madurez coa frescura. “Combínanse dúas cuestións que ben interpretadas son moi interesantes, pero depende do que vaia buscando o elaborador, se vai buscando a obsesión do grao ou aposta pola frescura que che vén pola alta pluviometríae os ventos fríos do Atlántico, por iso aquí hai viños tan singulares porque se conxugan esas dúas situacións climáticas.

Pensando no futuro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Carlos González destacou as potencialidades do Bibei. Afirmou que lle auguraba un interesante futuro polas condicións que lle dan a altura e o clima.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...