Homesociedade200.000 euros para impulsar sete proxectos no municipo de Taboada

200.000 euros para impulsar sete proxectos no municipo de Taboada

A Consellería do Medio Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) impulsa sete como: a ampliación da escola de equitación La Cruz , instalación de medidas de eficiencia enerxética en dúas explotacións agrarias, modernización dun taller de galletas na parroquia de Carballo, ampliación dun comercio de materiais de construción, o acondicionamento do local social da Asociación de Veciños de Arxiz. O concello de Taboada recibe case 40.000€ para a compra dun vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural destina 200.000 euros a impulsar sete proxectos no municipio de Taboada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Miño-Ulla

O primeiro proxecto é a escola de equitación La Cruz, que recibiu financiamento para a  ampliación das instalacións, coa construción dunha nova nave, a reforma dos accesos incluída a eliminación de barreiras arquitectónicas, e o acondicionamento de dúas parcelas para zona de adestramento e zona de salto de campo. Deste xeito, esta instalación pode ampliar a oferta de servizos e acoller competicións da modalidade de concurso completo.

O GDR tamén subvencionou a dúas explotacións agrarias para a introdución de medidas de eficiencia enerxética, nunha delas mediante a instalación de paneis solares  e na outra de recuperadores de calor.

Impulsou a modernización dun obradoiro de galletas artesanais situado na parroquia do Carballo, que introduciu nova maquinaria, acondicionou a zona de acceso e mellorou a eficiencia enerxética revestindo con illante os paramentos do local e incorporando  un sistema de calefacción por pellets.

Outro destes proxectos é a ampliación dun comercio de materiais de construción, que adquiriu unha máquina de transformación e procesado de ferro para a elaboración de ferralla, o que lle permitirá prestar un servizo adicional aos construtores e particulares da contorna.

Financian proxectos para mellorar a calidade e os servizos da vida dos veciños/ñas do rural. Concederon unha axuda de máis de 33.100 euros á Asociación de Veciños de Arxiz para o acondicionamento dun local social.

O concello de Taboada recibiu 38.400 euros para adquirir un vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida, que os servizos sociais municipais porán a disposición de todos os veciños que o precisen e, en concreto, dos usuarios da residencia e o centro de día.

 

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...