HomePolíticaO BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

Os nacionalistas rexitraron pregunta para que o Goberno do PP aclare porque vota que dará axudas aos viticultores no Pleno do Parlamento, e non cumpre con eles na publicación do DOG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás viticultoras e viticultores afectados pola non recollida da uva. Lembran os nacionalistas, que o pasado 10 de setembro o Parlamento galego aprobou por unanimidade estas axudas, e “agora publícanse no DOG unhas axudas que exclúen a estes, seguindo coa política errada que nos trouxo ata aquí, que penaliza sempre aos pequenos” lembra Iago Suárez o Deputado chantadino do BNG que defendeu esta proposta no Pleno.

“Cremos que estamos nun momento crucial no que as administración deben protexer as iniciativas locais e pequenas que van ter maior dificultade de supervivencia, pero que son a marca da nosa tradición vitivinícola, e os verdadeiros artífices da paisaxe. Estes proxectos son fundamentais para a economía local porque alén de conservar e asentar poboación en idade activa, en especial no rural, favorecen de maneira clara a economía circular, que se precisa para combater calquera crise de venda sectorial, como parece acontecer co viño tinto” expón Suárez que non ve na publicación do DOG ningunha medida efectiva que poida amortecer o golpe económico desta campaña ás viticultoras, como era o compromiso do goberno galego.

Nesa liña, Suárez rexitrou varias preguntas para que o Goberno Galego explique por que non cumpre co votado, cales son os plans reais para a DO Ribeira Sacra, e empraza ao goberno galego “a cumprir co votado, polo tanto coa xente, que mantén a paisaxe” e insiste en lembrarlle á Xunta, a necesidade de actuar sen demora desde o Diario Oficial de Galicia.

ÚLTIMAS

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...

A revista científica Geoheritage vén de publicar un artigo sobre a ‘Pedra Cabaleira’, presente no territorio do Xeoparque

A valorización e difusión do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do...