HomeComarca de ChantadaChantada(Vídeo) Así estragou a treboada moitos viñedos da comarca

(Vídeo) Así estragou a treboada moitos viñedos da comarca

Publicado o

- Advertisement -

A caída de saraiba na zona da Ribeira Sacra deixou grandes estragos, especialmente nos viñedos. O pedrazo esnaquizou case na súa totalidade as viñas da zona. A zona de San Fiz viuse especialmente afectada, na que a treboada arrasou os viñedos “nun 100%” nun total de 70 hectáreas, segundo sinalou o presidente do consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Os usuarios de redes sociais compartiron imaxes do acontecido, as máis desoladoras aquelas nas que os viñedos se ven afectados na súa totalidade e a colleita deste ano estragada. Dende as redes sociais tamén demandan solucións ante os estragos.

 
 
 

Ademais, moitas estradas víronse afectadas, sorprendendo aos condutores e deixando imaxes que “semellaban neves”. A Policía Local tivo que cortar temporalmente o corredor que conecta Chantada con Monforte debido á acumulación de xeo.

Pedrada na carretera Lugo – Ourense por Chantada

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...