HomeEconomíaVéndese a última parcela libre no Polígono dos Acivros en Chantada

Véndese a última parcela libre no Polígono dos Acivros en Chantada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos co representante da empresa e ante notario o contrato de compravenda dunha parcela do polígono industrial de Chantada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No polígono dos Acivros, no concello de Chantada, vendeuse a parcela número 21 a UDEICA S.L. por 45.560€, que se dedica á xestión de capital de sociedades.

Os alleamentos destes terreos leváronse a cabo a través dun proceso de adxudicación directa, tras o escrito presentado pola empresa, no que mostrou o seu interese en adquirir a devandita parcela.

Desta forma, no Polígono chantadino non quedarían parcelas dispoñibles das 49 que ten este parque, pois só quedan sen vender 6, pero xa están reservadas á espera de formalización das vendas.

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...