HomePolíticaPor Chantada culpa ao goberno local de non ter atención psicolóxica para...

Por Chantada culpa ao goberno local de non ter atención psicolóxica para a poboación en idade escolar

A saúde mental xa ocupou parte das propostas de Por Chantada no pasado e considera que a situación empeora cada ano, "en parte pola desastrosa situación da atención sanitaria en psiquiatría e psicoloxía na área sanitaria lucense, onde a a falta de profesionais, tanto no Hospital de Monforte canto no HULA, con prazas sen cubrirse"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde Por Chantada que no Diario Oficial da Galiza (DOG) do 12 de decembro de 2023, publicouse unha resolución do 23 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se daba publicidade ás axudas concedidas a entidades locais para programas de emerxencia social e a inclusión social.

En dita resolución, para as anualidades 2024 e 2025, o Condello de Chantada recibiu 129.961,8 euros para dous programas (sendo o groso das contías para a anualidade en curso), “servizo de educación e apoio familiar, co que financian unha traballadora do plantel habitual desde hai anos, e servizo de atención psicolóxica, que debería permitir despregar unha nova praza”.

Ao tempo desde os equipos de orientación dos centros de ensino do municipio demandaban a urxente necesidade dunha praza de atención psicolóxica para a infancia e mocidade. O pasado 8 de febreiro os departamentos de orientación do CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla, CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo, IES Val do Asma e IES Lama das Quendas solicitaron ao alcalde tomar medidas as respecto por darse un aumento das necesidades educativas e sociais do alumnado. Solicitaban “a posta en marcha o máis axiña posible, dun servizo de atención psicolóxica para apoiar as medidas de atención á diversidade que corresponden ao sistema educativo, dada a falta de recursos na contorna, o que fai que moitas familias non podan axudar aos seus fillos e fillas nunha mellor integración e benestar persoal e social que repercuta positivamente no rendemento académico”. Segundo Por Chantada estas demandas dos centros de ensino non tiveron resposta do concello que “segue se dar uso ás axudas concedidas”.

Desde Por Chantada respaldan estas demandas e consideran que se perdeu medio ano sen este servizo pola “neglixencia e desleixo do equipo de goberno, semella que a saúde mental non está na súa axenda, como tampouco o benestar a da infancia e da adolescencia que non se soluciona con fotos ou festas, senón con servizos que dean resposta ás crecentes necesidades en materia de saúde mental. Coidar as novas xeraciós é contribuír a reforzar o noso futuro colectivo”.

ÚLTIMAS

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....

5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

Este xoves, 20 de xullo, a Real Federación Española de Piragüismo deu a coñecer...

As Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

Falamos con María Eugenia Valcárcel López, concelleira de Festas no Concello de Sarria, para...

Vasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da materia orgánica

A cidade de Monforte de Lemos recibiu un galardón que se lle concede ás...