HomePolíticaPor Chantada volve a levar ao Pleno a xestión do SAF

Por Chantada volve a levar ao Pleno a xestión do SAF

Instarán ao Goberno Local a que obrigue á empresa a adxudicataria a cumprir coas súas obrigas básicas, tanto no respecto aos dereitos laborais das traballadoras, como á prestación do servizo nas debidas condicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo ten amosado sempre o seu rexeitamento á privatización do Servizo de Axuda no Fogar e ten levado a pleno distintas alternativas á xestión que facía a empresa Samaín. Despois dunha nova adxudicación a Os Ventos, aseguran que “lonxe de mellorar a situación, neste verán converteuse en catastrófica”.

Por Chantada trasladará ao pleno que a dotación e organización dos recursos é claramente deficiente desde hai meses e que no verán chegou a unha situación insostíbel, “converténdose no período estival nun servizo teledirixido, só virtualmente, desde Santiago, o que incumpre a normativa autonómica do servizo e vai en claro detrimento das familias e dos utentes do SAF», asevera a concelleira de Por Chantada, Helena Fernández, “a isto engadiuse que nalgunha quincena do verán chegou a haber 7 traballadoras de vacacións e 6 de baixa».

Segundo Helena Fernández, «é unha obviedade que o Servizo de Axuda no Fogar ten una especial prevalencia na afectación á saúde física e mental das persoas traballadoras que só se pode explicar desde o recoñecemento dunhas condicións laborais inaceptábeis na prestación dun servizo público e esencial, que debería asumir a Xunta para ter condicións iguais en todos os concellos da Galiza e pór fin ás asimetrías e o elevado cofinanciamento para os concellos e mesmo para a Deputación que destina unha parte do Plan Único para o SAF». Con todo Por Chantada quere coñecer a valoración do equipo de goberno a este respecto.

ÚLTIMAS

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por presunto acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...