HomeMedio ambiente e PatrimonioA declaración de Xeoparque Mundial da UNESCO das montañas do Courel pon...

A declaración de Xeoparque Mundial da UNESCO das montañas do Courel pon dacordo ás principais formacións políticas do sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL , o martes 17 de xullo comezaba o traballo dos avaliadores da UNESCO para avaliar a candidatura das montañas do Courel a Xeoparque Mundial, a derradeira fase dun longo proceso de tramitación. Este recoñecemento de vital relevancia, é a suma dos factores de protección e estilo de vida que se leva a cabo no seu territorio.

Os observadores percorrerán acompañados por membros da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courele segundo o establecido no Programa da Misión de Avaliación, os principais lugares do patrimonio xeolóxico e o conxunto de recursos naturais que permiten coñecer a evolución da historia e a xeoloxía da zona, así como os numerosos miradoiros que teñen a finalidade común de resaltar o valor dese patrimonio xeolóxico e mineiro do territorio e potencialo como recurso cultural e turístico.

Tal é a relevancia desta candidatura, que PSOE e PP quixeron aunar esforzos económicos e cada un achegar unha partida orzamentaria para que os promotores do proxecto poidan desenrolar as actividades pertinentes. Dende a Deputación de Lugo achegáronse 50.000 euros e a Xunta de Galicia tamén quixo apoiar esta proposta aportando 34.000 euros. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...