HomePolíticaO PSdeG pide á Xunta que explique os prazos para reconstruír a...

O PSdeG pide á Xunta que explique os prazos para reconstruír a estrada do Courel afundida

Os socialistas denuncian a "opacidade" e os "reiterados incumprimentos" sobre as obras.

Publicado o

- Advertisement -

O PSdeG rexistrará unha batería de iniciativas na Cámara galega para pedir que a Xunta explique cales son os prazos que manexa para a reconstrución da estrada afundida e informe das causas dos atrasos.

Diso informou o PSOE provincial de Lugo nun comunicado, no que explica que os socialistas galegos levarán a cabo estas iniciativas despois do encontro mantido polo secretario xeral provincial, José Tomé, con representantes institucionais do partido.

O PSdeG formulará na Cámara varias preguntas e unha proposición non de lei para pedir á Xunta que actúe con toda a “celeridade posible” para dar solución aos problemas xerados tras o derrube na LU-561 e que ofreza información de forma continua e coa máxima transparencia á cidadanía, aos concellos afectados e á Deputación.

Neste sentido, censura que, case catro meses despois do derrube, seguen sen coñecer cales son as intencións e os prazos que manexa a Xunta para reconstruír esta estrada, o principal acceso ao Courel, e unha infraestrutura fundamental para a comarca.

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade está a tratar este tema dunha forma totalmente opaca, sendo ademais reiterados os incumprimentos, tanto no proceso de adxudicación e construción da variante de emerxencia, como na investigación das causas do derrube e nas solucións para reconstruír a estrada principal”, asegura.

Ante esta realidade, os socialistas piden ao Goberno do PP na Xunta que “concrete as previsións sobre os traballos de reconstrución da estrada LU-561, que busque todas as solucións posibles para minimizar o impacto do peche do tramo derrubado, en particular, para os vehículos de gran tamaño, e que axilice as obras de construción do desvío provisional”.

Ao mesmo tempo, os socialistas reclaman ao Executivo autonómico que explique cal ou cales son os motivos nos atrasos, tanto na adxudicación como na execución do desvío, e a que se debe a demora en determinar as causas do derrube e as solucións para reconstruír a estrada.

Os socialistas avisan de que os usuarios teñen que sortear esta estrada cortada empregando un viario local, moito máis estreito, que ademais de complicar o percorrido, non permite a circulación de vehículos de gran tamaño debido á presenza de varias curvas moi pechadas.

A situación, conforme sinalan, afecta tamén o turismo da zona, xa que non se poden realizar as excursións en autobús e limítanse as rutas habituais de visita ao geoparque Montañas do Courel.

“Ao PP éncheselle a boca en pedir explicacións, prazos e compromisos cando o responsable da estrada é o Goberno do estado, como no caso da A-6, pero cando lle toca dar conta da súa xestión e pór encima solucións esquece por completo as súas responsabilidades políticas”, sostén o PSOE de Lugo.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...