HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelO DOG publica o acordo para o proxecto para a restitución da...

O DOG publica o acordo para o proxecto para a restitución da LU-651

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo da aprobación do proxecto de trazado para a restitución da estrada LU-651 en Folgoso do Courel.

A actuación, á que a Administración autonómica destinará 5,2 millóns de euros, céntrase nas obras necesarias para a reposición desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 17+650 e 18+470, no tramo afectado polo afundimento de varias galerías dunha explotación mineira e o derrube posterior da ladeira.

Tras o afundimento, a Xunta executou unha actuación de emerxencia para habilitar o acceso provisional a Folgoso do Courel, no que investiu un millón de euros, mentres avanzaba na definición da solución definitiva que foi aprobada este xoves.

A intervención definitiva, que se executará por fases, inclúe un novo trazado que ocupará parte da zona derrubada, despois de estabilización da ladeira.

En concreto, o novo trazado realízase a media ladeira, xa que permite reconstruír a estrada co máximo coidado ambiental, evitando a afección á Rede Natura e reducindo o movemento de terras, o que implica maior seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...