HomesociedadeEste 12 de marzo no salón de actos do Concello de Folgoso...

Este 12 de marzo no salón de actos do Concello de Folgoso do Courel charla de aproximación ao dano cerebral adquirido

A charla organizada por Dano Cerebral Galicia en colaboración co concello terá lugar ás 17:30 h. É preciso inscribirse previamente chamando ao 982 433 001 (Concello de Folgoso do Courel).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dano Cerebral Galicia, a Federación que reúne as cinco asociacións desta discapacidade que hai na nosa comunidade autónoma, leva o 12 de marzo a Folgoso unha charla que ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna da localidade do Courel.

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que teñen en Galicia máis de 35.000 persoas e que está causada na maioría dos casos por un ictus ou por un traumatismo cranioencefálico (derivado sobre todo de accidentes de tráfico, pero tamén laborais, golpes, caídas…). A súa incidencia incrementouse nos últimos anos, e continúa a medrar, especialmente polo aumento de casos de ictus.

Ese aumento está motivado tanto polo envellecemento da poboación como polos cambios nos hábitos de vida (peor alimentación, máis sedentarismo, estrés, e moitos outros), ambos factores de risco do ictus. Ademais, o desenvolvemento da atención médica de emerxencias provoca que se salven vidas que continúan, pero con discapacidade adquirida.

Durante a sesión informativa achegaranse recomendacións para a prevención, así como nocións sobre como identificar un ictus, describiranse as secuelas -moitas delas invisibles, como as condutuais, emocionais ou as cognitivas-, detallando as principais necesidades das persoas e familias con dano cerebral adquirido, e ofrecerase todo o abano de recursos de atención dispoñibles.

Ademais do apoio do Concello de Folgoso do Courel, Dano Cerebral Galicia conta para esta actividade co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, que se organiza grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda.

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...