HomeCulturaVÍDEO: Samuel Soto cántalle a Florencio Delgado Gurriarán

VÍDEO: Samuel Soto cántalle a Florencio Delgado Gurriarán

O músico quirogués divulga nun videoclip a obra e a vida do intelectual de Córgomo, homenaxeado este 2022 no Día das Letras Galegas.

Publicado o

- Advertisement -

Samuel Soto é orixinario de Quiroga pero vive en Vigo, cidade á que marchou por motivos familiares con 14 anos. É un apaixonado da música tradicional e gústalle moito compoñer.

Segundo contaba a Xornal de Lemos nunha entrevista, a paixón pola creación musical xa lle vén de pequeno cando, segundo nos contaba, tiña que plasmar en canción as experiencias que o emocionaban. 

Dende hai uns tres anos colleu xa como rutina, ou compromiso coa nosa cultura, compoñerlle unha canción que converte en peza audiovisual a cada un e unha dos persoeiros e persoeiras a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Este ano tocoulle ao valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen homenaxea nunha peza de case catro minutos na que repasa a súa biografía, obra e compromiso con Galiza.

Grazas a esta iniciativa do quirogués Samuel Soto moitos concellos, escolas e asociacións aproveitan a súa obra audiovisual, e as súas propias interpretacións musicais en vivo, para divulgar a figura do intelectual valdeorrés.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...