HomeEconomíaQuiroga exponse como destino turístico na Semana Verde de Galicia

Quiroga exponse como destino turístico na Semana Verde de Galicia

Farao en 'Festur' dentro do Salón Turístico de Galicia que se celebra estes días na Feira Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga está representada en Festur dentro do Salón Turístico de Galicia que se celebra na Feira Internacional Semana Verde de Galicia. A feira, que estará aberta ata este domingo 5 de xuño, é un importante escaparate polo que cada ano pasan miles de visitantes. Coincidindo coa apertura do recinto feiral o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acudía ata este recinto.

Quiroga chega a Silleda cos seus produtos máis destacados: viño, aceite, mel e artesanía, e formando parte do stand do “Xeoparque Montañas do Courel. Os sabores das nosas rochas”.  Pero estes produtos non son o único que se promociona, os visitantes levarán información de  todas as rutas, festas de interese turístico, monumentos, museos,… e todo aquilo do que Quiroga pode presumir.

Será a primeira vez que o concello quirogués acuda a esta feira, un escaparate que acolle 34 festas de interese turístico, con recoñecemento de carácter internacional, nacional ou de Galicia.

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...