HomeComarca de SarriaO IncioO PAI do Incio volve abrir as súas portas

O PAI do Incio volve abrir as súas portas

O Punto de Atención á Infancia volverá abrir as súas portas no vindeiro curso 2018-2019. Contará con 2 traballadores e abrirá 6 horas diarias de 10:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Publicado o

- Advertisement -

O centro leva pechado dende o 2013 por falta de solicitudes. Durante o mes de maio, dende o concello fíxose unha sondaxe entre os veciños para ver se había interese para que volvese abrir e 8 familias do Incio e arredores respostaron de forma positiva ante a proposta.

Como xa publicou o XdL, o vindeiro día 28 de xuño ás 17:00 horas, no centro de atención á infancia vaise celebrar o concerto “O son que me arrola”. Unha boa oportunidade para poder visitar as instalacións por todos aqueles que estean interesados. Igualmente, dende o Concello poñen a disposición do público o teléfono 982.42.70.14 para todos aqueles que non poidan ir o día 28 ata o local do PAI e queiran visitar o centro para esclarecer as dúbidas que poidan ter.

As instalacións están sitas ó pé do Centro de Saúde do Incio e dispoñen de todos os servizos: zona de xogos, cociña, zona de descanso e patio exterior para xogos entre outros. Inicialmente, o PAI contará con 2 traballadores e abrirá 6 horas diarias de 10:00 a 16:00 horas de luns a venres aínda que dependendo das necesidades dos pais o horario poderase modificar na medida do posible tendo en conta os recursos humanos e económicos do Concello.

Os interesados deberán acudir ós servizos sociais do Concello para tramitaren a solicitude de ingreso dos cativos. Para iso necesitan aportar libro de familia, dni dos pais, tarxeta sanitaria do menor, foto do cativo, informe pediátrico onde conste que o neno non ten enfermidades contaxiosas e declaración da renda do último exercicio ou documentación acreditativa da situación económica da unidade familiar.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...