No caso do Concello do Páramo probouse o pago de 6.000€ á Asociación veciñal San Xoán de Friolfe para instalar o valado do campo da festa de Friolfe. Outros 6.000€ son para a Mancomunidade de montes O Faro. Os fondos destináronse a mellorar a área de descanso Tras a devesa.
Estas achegas da Deputación eran as últimas que quedaban por xustificar da segunda edición da liña de axudas deste programa que naceu hai 3 anos e para o que se destinan cada ano 300.000€. O programa está dirixido a asociacións e agrupacións de veciños e veciñas, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais dos 67 concellos da provincia.
O obxectivo desta liña de axudas é poder realizar –con achegas que oscilan entre os 1.000 e os 6.000€- investimentos en inmobles ou equipamentos que permitan mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, unha cuestión que, sen dúbida, é fundamental para fixar poboación no rural.