HomesociedadeReis Magos e Mago Iago en Paradela

Reis Magos e Mago Iago en Paradela

O concello vén de anunciar a cabalgata e unha actuación do pequeno mago monfortino con orixes en Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Paradela terá desfile das Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Será o día 5 de xaneiro ás 17:30 h. con saída das carrozas da gasolineira para a continuación facer un percorrido polas principais rúas do núcleo urbano antes de rematar no mercado gandeiro.

Neste espazo poderase gozar da actuación do Mago Iago, o ilusionista máis novo da provincia de Lugo e quizais tamén de Galicia que actúa en público tendo participado xa en galas rodeado de magos coñecidos de alto nivel. Vive en Monforte pero ten orixes en Paradela por parte da súa nai.

O espectáculo realizarase seguindo a normativa covid-19 vixente e a continuación haberá unha merenda. Para rematar, os Reis Magos farán a entrega de agasallos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...