HomeComarca de SarriaParadelaAdxudican por máis de 200.000 euros as obras de mellora da praza...

Adxudican por máis de 200.000 euros as obras de mellora da praza pública de Pacios, en Paradela

A obra consistirá, fundamentalmente, na pavimentación do chan con pedra, na reparación de sumidoiros e a incorporación de iluminación e mobiliario urbano como bancos de pedra e papeleiras.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta adxudicou por máis de 214.000 euros a obra destinada á mellora da praza pública de Pacios, no concello lucense de Paradela. Segundo informou o Executivo galego, a actuación conta cun prazo de execución de catro meses e o obxectivo é mellorar a praza localizada diante do antigo concello.

A obra consistirá, fundamentalmente, na pavimentación do chan con pedra, na reparación de sumidoiros e a incorporación de iluminación e mobiliario urbano como bancos de pedra e papeleiras.

Esta actuación realizarase no marco do plan Hurbe, da Xunta, que ten o obxectivo de axudar ás administracións locais a financiar estes proxectos municipais. Desta forma, a Xunta financiará o 70% da obra e o concello asumirá o 30% restante.

CENTRO SOCIAL DE VILALVITE

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural asinou un convenio para a concesión dunha axuda de case 132.000 euros coa finalidade de realizar un proxecto de urbanización exterior e rehabilitación interior do centro social de Vilalvite, no concello lucense de Friol.

O proxecto consistirá na mellora das instalacións, actualmente deterioradas, para que ofrezan condicións de seguridade, salubridade e habitabilidade adecuadas para que os veciños “poidan gozar delas”. Na parte exterior, acondicionarán a parcela onde se sitúa a edificación, coa construción dunha superficie horizontal empedrada para unha nova rampla e escaleira.

Así mesmo, habilitarán unha parte da parcela para realizar un aparcadoiro de vehículos, mantendo a mesma topografía. Por último, ocultarán o saneamento das cunetas existentes e crearán unha nova zona para os colectores de lixo.

No que respecta ao interior do centro social cambiarán as carpintarías e acabados interiores e exteriores. Ademais, rehabilitarán as cubertas da edificación e acondicionarán o aseo, a rampla e escaleiras que dan ao exterior para adaptalas ás persoas con mobilidade reducida.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...