HomeSucesosVisto para sentenza o caso do octoxenario que presuntamente envenenou a gata...

Visto para sentenza o caso do octoxenario que presuntamente envenenou a gata dun veciño

A defensa, pola súa banda, sostivo que os feitos "non quedaron acreditados" en ningún momento, subliñou a "colaboración" ofrecida polo acusado durante toda a investigación e denunciou a "desproporción" da pena solicitada.

Publicado o

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo deixou visto para sentenza este martes o xuízo contra un home acusado de envenenar presuntamente á gata do seu veciño nunha aldea pertencente ao municipio de Samos no verán de 2021.

O acusado, un home de avanzada idade, foi xulgado por un presunto delito de malos tratos animais por colocar, de acordo ao relato recolleito no escrito fiscal, unha serie de cebos con produtos tóxicos mesturados con comida de mascotas nas inmediacións da súa casa entre os días 7 e 11 de agosto de 2021.

Por este delito, saldado coa intoxicación da gata dun dos seus veciños –que requiriu asistencia veterinaria pola suposta inxesta dalgún tipo de raticida– e por estar os cebos situados nunha zona de especial protección enmarcada dentro da Rede Natura 2000, o Ministerio Fiscal ratificou a súa petición dunha pena de prisión dun ano e oito meses para o acusado.

Ademais do imputado, na vista celebrada este martes declararon como testemuñas o veciño afectado –que non reclamou indemnización–, un axente do Seprona, dous gardas civís, un axente ambiental, a veterinaria que atendeu á mascota e o director xeral do laboratorio que realizou o informe toxicolóxico das mostras tomadas dos cebos.

A Fiscalía insistiu na etapa de conclusións na intencionalidade e o “carácter doloso” con que, ao seu xuízo, o acusado cometeu o delito e apelou aos resultados do informe toxicolóxico “compatibles cun envelenamento” e ás “contradicións” no discurso do imputado para xustificar a súa petición.

A defensa, pola súa banda, sostivo que os feitos “non quedaron acreditados” en ningún momento, subliñou a “colaboración” ofrecida polo acusado durante toda a investigación e denunciou a “desproporción” da pena solicitada.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...