IniciosociedadeVÍDEO: “O Tren”, videoclip de Louband que xa corre polas redes

VÍDEO: “O Tren”, videoclip de Louband que xa corre polas redes

“Das festas ás plataformas dixitais”, así presenta o grupo sarriao esta primicia. Un traballo no que versionan o mítico tema de Andrés do Barro ‘refrescado’ con outro tema emblemático, “Proud Mary”, canción escrita por John Fogerty.

Publicado o

- Advertisement -

“O Tren” de Louband nace grazas aos arranxos de Iñaki L. Campo, un dos oito membros de Louband, versionando este mítico tema de Andrés do Barro –baseado na temática da emigración– e dándolle unhas pinceladas doutro tema mítico, “Proud Mary”. Esta canción, escrita por John Fogerty e gravada por primeira vez por Creedence Clearwater Revival, foi versionada despois por unha chea de grandes nomes, algúns da talla de Tina Turner ou o mesmo Elvis Presley.

Dende este 4 de abril o tema está dispoñible en todas as plataformas de música en streaming, e dende o día 7 tamén na súa versión con videoclip en Youtube. Este videoclip, realizado polo galaico-arxentino Nahuel Lioi, é un dos puntos a destacar do traballo. Foi realizado aproveitando os contrastes de luz que se dan ao longo de todo un día –metáfora das longas xornadas que realiza o grupo cando saen levar a súa troula e ledicia ás festas– nun lugar con historia, a vella fabrica feculera de Sarria.

Videoclip ‘O Tren’

A música foi gravada polo venezolano Jesús Álvarez e José A. Salvador no estudio deste último, PAN Studio. Un arxentino de sona, Gonzalo Ariel López Brouchoud, técnico de Louband, encargouse da mezcla e masterización.

LOUBAND

Louband, tal como explicamos na entrevista que lle fixemos en outubro de 2021,  é sucesora da mítica Charanga Madialeva, unha formación que naceu no 2006 e que no ano 2017 representou a Galicia no ‘V Festival Nacional de Charangas’ celebrado en Burgos.

As súas actuacións, caracterizadas por moverse cun MEAM –Micro Escenario de Alta Mobilidade– transmiten unha potente enerxía nun espectáculo que se caracteriza por fusionar instrumentos con amplificación como trompetas, saxofóns, teclados, guitarras, baixo e percusións. Todo a pé de rúa e cun repertorio amplo que abrangue estilos tan dispares que poden ir dende os boleros ata a música actual, pasando polo indie, o ska ou a música dos 80-90.

Louband. Foto: Llum Photography

Neste momento compaxinan o lanzamento do single coa preparación da tempada de 2022. Unha tempada na que tiveron xa un entroido moi movido que os levou por  terras de Pontevedra, Ourense, Cabañas Raras, Toral de los Vados, O Carballiño… e cun abril no que destacan dúas citas ben importantes: a Feira do Viño de Amandi de Sober e a Feira do Viño de Quiroga.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....