HomeComarca de SarriaSarriaRemata o ‘Descubrindo Sarria’ cunha colaboración moi especial

Remata o ‘Descubrindo Sarria’ cunha colaboración moi especial

Este pasado 4 de setembro foi o derradeiro paseo guiado con Guido Guía. Unha xornada especial tamén porque nela participou Silvia Mondelo, unha guía oficial sarriá que está dando a coñecer o seu proxecto “A paraxe da bolboreta”.

Publicado o

- Advertisement -

O ciclo #DescubrindoSarria foi unha iniciativa apoiada polo Concello de Sarria para coñecer, baixo unha ollada diferente, o concello con paseos guiados de balde que tiveron lugar entre o 5 de xuño e o 4 de setembro.

Nesta última visita pola vila de Sarria, Guido Guía –turismólogo responsable da actividade– contou coa compañía e o traballo de Silvia Mondelo, unha sarriá que tamén é guía oficial de turismo e que está encamiñando un proxecto de visitas guiadas de autor coñecido como “A paraxe da Bolboreta”.

Os guías con Claudio Garrido, alcalde de Sarria. Foto: Ana M. Dopazo.
Un dos momentos da visita guiada deste domingo 4 de setembro. Foto: Ana M. Dopazo.

Segundo nos conta Guido, o balance dos catro paseos guiados foi moi satisfactorio. Un centro de persoas achegáronse a Sarria e remataron a orixinal e personalizada visita facendo picnic na área recreativa do Chanto. O primeiro paseo tivo vomo fío condutor o Camiño Francés, o segundo a Ruta das Aceas, o terceiro o centro histórico de Sarria e este derradeiro serviu para coñecer “a Sarria da Paraxe da Bolboreta”.

Visita á Capela de San Lázaro. Foto: Ana R. Barreiro.

A colaboración de Guido con Silvia foi a primeira, pero seguramente farán máis sabendo que a conexión entre eles é fantástica.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...