HomeComarca de SarriaSarriaSarria comeza o outono con moita e variada actividade cultural

Sarria comeza o outono con moita e variada actividade cultural

Botou a andar a ‘Mostra de Teatro Iván Tourón Morais’ e esta semana que entra xa en outubro ten na axenda unha presentación, unha conferencia e o Festival Garitosis.

Publicado o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Sarria é o escenario dunha ampla programación na que as artes escénicas son as protagonistas da man da Mostra de Teatro Iván Tourón Morais. O ciclo contempla Teatro Infantil e Teatro Adulto con diferentes postas en escea que chegan a través do ciclo Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, do ciclo cultural Monicreques da Deputación de Lugo, da Mancomunidade do Camiño Francés e tamén da contratación directa do propio Concello de Sarria.

Entre o 16 de setembro e o 16 de outubro haberá, en horario de tarde os venres para o público infantil, e a partir das 20:00 h. os domingos para público adulto, actividades escénicas moi interesantes e de balde. O venres 30 ás 17:30 horas a Compañía ‘Tropa de Trapo’ traerá á Casa da Cultura o seu espectáculo “4 monos”; e o domingo 2 no mesmo escenario estará ás 20:00 h. a compañía Metátase Teatro coa obra “Escola de Vaqueir@s”.

PRESENTACIÓNS E CONFERENCIAS

No apartado de presentacións o mércores 29 de setembro ás 20:00 h. terá lugar a presentación do número 22 do Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos nas instalacións da sociedade A Unión.

E xa o sábado, 1 de outubro, a mesma entidade sarriá exercerá de anfitroa para acoller a partir das 12:00 h. a conferencia de Xesús Alonso Montero e a actuación de Sarricanta no acto literario que organiza a APECSA co gallo do 25 aniversario do pasamento do poeta Fiz Vergara Vilariño. O acto pechará o programa “Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Peregrinación literaria, cantada e falada”.

GARITOSIS

O Sábado 1 de outubro terá lugar tamén a décima edición do festival local de música alternativa coñecido como Garitosis que organiza a Asociación Cultural Rúa da Música en colaboración co Concello de Sarria.

O actor e tirititeiro de Chantada, José Varela. Foto: Facebook Garitosis.

Pola mañá, a sesión vermú estará amenizada pola formación local Louband e ‘El Chico López’, e para a tarde está programada unha actuación para o público cativo. Ás 18:30 h. actuará para os pequenos e pequenas o actor e titiriteiro José Varela.

A partires das 20:00 h. sesión nocturna con varios grupos que ofrecerán os seus concertos de balde na Praza da Vila. Están no cartel Zostial, Lujuria, Porco Bravo e Sound Sisters.

Unha das actuacións no Garitosis 2019. Foto: A Rúa da Música

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...