HomeCultura‘Camiños e Cantares nos eidos da bremanza’, o 1 de outubro en...

‘Camiños e Cantares nos eidos da bremanza’, o 1 de outubro en Sarria

O acto está organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), e conta co apoio do Xacobeo 21-22. Unha lembranza a Fiz Vergara Vilariño e á viaxe de Álvaro Cunqueiro do Cebreiro a Compostela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 1 de outubro, a partir das 12:00 horas, celebrarase na sociedade A Unión de Sarria a cuarta xornada do programa “Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Unha Peregrinación Literaria, cantada e falada”, organizado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), co apoio do Xacobeo 21-22, en conmemoración do 25 aniversario do pasamento do poeta, Fiz Vergara Vilariño (Santalla de Lóuzara, 15/4/1953 – 18/7/1997) e 60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro, do Cebreiro a Santiago de Compostela.

A apertura do acto contará coa presenza de Claudio Garrido, Alcalde do Concello de Sarria; Reyes Abella, concelleira de Cultura; José Quiñoa, pesidente da Unión de Sarria; María Casar, presidenta da asociación Ergueitas; Ana Belén Fernández, presidenta da asociación Meigas e Trasgos; Xosé María García, presidente da APECSA; e un representante do Xacobeo 21-22. E a continuación, cara as 12:20 h. Xesús Alonso Montero dará unha conferencia baixo o título “O poeta Fiz Vergara Vilariño”.

Ás 12:50 h. terá lugar un recital poético co protagonismo do alumnado de centros de ensino de Sarria e dos gañadores/as do ‘Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño’ convocado polo Concello de Sarria en colaboracion coa asociación cultural Ergueitas.

O remate ao acto poñerao o Coro Sarricanta interpretando unha obra musical baseada no poema “Que lonxe estás, amiga!” de Fiz Vergara Vilariño. Os arranzos desta peza correron a cargo dun amigo do senlleiro poeta, Cosme Pombo, gaiteiro das terras do Incio.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...