HomeComarca de SarriaSarriaInformes de Secretaría e Intervención para esclarecer as investigacións a traballadoras da...

Informes de Secretaría e Intervención para esclarecer as investigacións a traballadoras da Residencia de Maiores de Sarria

A Xunta Rectora da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme acordou este 16 de xaneiro solicitar sendos informes a Secretaría e Intervención sobre a contratación, por indicación do concelleiro Benjamín Escontrela, dos servizos da empresa de detectives InvestigaMás para investigar a traballadoras da residencia e sobre a falta de xustificación dos traballos realizados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta solicitude dos informes dos funcionarios habilitados nacionais, así como requerirlle desde a Xunta Rectora á empresa de detectives a entrega dos documentos elaborados sobre as traballadoras, foi aprobada polos concelleiros de Camiña Sarria e do BNG, mentres que PP, PSOE e Galicia Sempre abstivéronse na votación. Ademais, a proposta dos edís nacionalistas, Camiña Sarria e BNG, acordouse elevar ao Pleno da Corporación o resultado dos informes encargados a Secretaría e Intervención.

Durante a súa intervención na Xunta Rectora, o alcalde e presidente do organismo autónomo da residencia, Claudio Garrido, tildou de “moi grave” e “censurable” o feito de “destinar recursos públicos a investigar sen ningún motivo a algunhas traballadoras” e salientou que Benjamín Escontrela “segue sen aportar documentación acreditativa dos traballos realizados pola empresa InvestigaMás”.

Ao respecto, e tras unha pregunta da voceira do PSdeG-PSOE, o secretario confirmou que os documentos acreditativos do cumprimento do contrato deben ser presentados por rexistro, non podendo ampararse na protección de datos de carácter persoal para non facelo.

Pola súa parte, Benjamín Escontrela limitouse a xustificar a contratación do detective para “obter información e probas sobre condutas realizadas polos funcionarios e o persoal adscrito” relacionadas cun “absentismo laboral moi elevado que ocasiona un prexuízo económico á residencia”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...