InicioCulturaBuril ACDE unha asociación diferente

Buril ACDE unha asociación diferente

A asociación sarriana, Buril ACDE, con dous anos de andaina organiza concertos, clases de pandeireta, xogan ao futbol gaélico, proxectan documentais, fan degustacións de comida autóctona,....

Publicado o

- Advertisement -

No local social de Buril, Concello de Sarria, actúan o sábado 17 de novembro, o grupo pontevedrés Malkeda, que presenta o seu segundo disco, e os monfortinos Black Vintage. Esta non é a única actuación que organiza a asociación Buril ACDE, xa que teñen outras tres datas confirmadas para os meses de novembro e decembro.

Cartel do concerto do sábado 17 de novembro/ Imaxe de Buril ACDE

Para coñecer sobre esta actuación e as moitas outras actividades que realiza a asociación falamos co seu presidente, David Rodríguez.

Esta actuación englóbase dentro dalgún festival ou é unha actuación independente?

Esta é unha actuación independente. Durante todo o ano, o noso local está aberto para que diferentes grupos que queiran participar poidan dar un concerto.

Xa temos catro concertos programados para estes meses. O 17 de novembro actuarán a Malkeda + Black vintage, o  24 Tincho -presentando a sua xira cara B- o 1 de decembro teremos un concerto folk e o 8 de decembro o “festival punkis de aldea”.

Cartel concerto 8 de decembro/ Imaxe de Buril ACDE

Canto tempo tardan en preparar un evento coma este?

A produción empeza dous meses antes. Contactamos cos grupos para concretar a data e despois realizamos a cartelería e publicitámolo.

Cantos concertos adoitan realizar, como os organizan?

Normalmente sempre tentamos organizar polos menos un concerto ao mes e se pode ser dous. É unha forma de dar a coñecer estes grupos, eles contactan connosco a través de facebook ou e-mail e miramos datas.
Como se financian as actuacións?
O grupo que actúa pon o prezo da entrada que considere oportuno, a cal vai integramente para eles.
Asistentes a un dos concertos/ Imaxe de Buril ACDE

Por que lle puxeron este nome á asociación?

O local social chámase Buril ACDE, por que así se chamaba antes de que a asociación decidise alugalo e preferimos que seguise conservando o nome.

Canto tempo fai que se creou a asociación?

A asociación hai dous anos agora en novembro, pero o Buril como local social inaugurámolo o 30 de Abril do 2017.

Ademais desta actividade, organizan algunha máis? De que tipo?

Realizamos outras actividades como:

  • Clases gratuítas de pandeireta todo os martes (excepto o último de cada mes).
  • Tamén xogamos ao futbol gaélico mixto co que o ano pasado participamos na liga Gallaecia. Este ano, en cambio, non logramos formar equipo para toda a liga, aínda asi iremos a Taça Gallaecia e xogaremos a copa do rei Froilán III
  • Organizamos unha charla e unha recollida de firmas xunto con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) pola recuperación dos nosos montes autóctonos.
  • Vemos documentais,  xa sexa relacionados coa natureza, de contido social ou de calquera outro tema.
  • Realizamos xuntanzas para degustar a comida autóctona dentro dos diferentes ciclos que facemos a nome da soberanía alimentaria galega
Membros do equipo de fútbol da asociación/ Imaxe de Buril ACDE

Cuantos membros forman a asociación? E socios?

Somos 5 membros na directiva, a maiores, seremos entre 10 e 15 socios e teremos aproximadamente 50 fans.

Pode pertencer a esta asociación calquera persoa? Como hai que facer para formar parte dela?

Esta asociación é un pouco diferente, na súa concepción, a outras asociacións. A condición de socio/a adquírese polos traballos realizados a favor da mesma, os socios son os que xestionan e manteñen viva a asociación co seu traballo diario. Tamén está a figura do fan que achegue un donativo económico á asociación, pode gozar das actividades pero non da xestión das mesmas.

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...