HomeCulturaA experiencia do Camiño do monfortino Manuel Valcárcel chega a Francia

A experiencia do Camiño do monfortino Manuel Valcárcel chega a Francia

"O Camiño de Santiago. Unha experiencia contemporánea de peregrinación" é unha mostra fotográfica con imaxes do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel

Publicado o

- Advertisement -

A mostra vense de inaugurar en Lorient, Francia, coa presencia do Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Na inauguración da exposición, que se enmarca nunha das actividades da 49ª edición do Festival Intercéltico que este ano celebra o Année de Galice, o conselleiro resaltou o “carácter multicultural” do Camiño de Santiago, que recibe peregrinos de preto de 180 países .

A mostra composta por 20 imaxes recolle algúns dos valores asociados á peregrinación a Santiago como a natureza, o patrimonio artístico, as cidades, as paisaxes e os roteiros xacobeos. E tamén a convivencia, o encontro, o esforzo ou a mestura de culturas. Manuel Valcárcel leva anos fotografiando a filosofía asociada ao Camiño de Santiago.

No Festival francés cóntase coas actuacións da banda de música de Silleda, a banda de gaitas de Forcarei, artistas como Josele e Begoña Lorenzo, o grupo de baile Xirandela, as pandereteiras Bouba, Suso Vaamonde e Davide Salvado. Desde a Xunta definen o evento como un reto na promoción da música e danza galega e aseguran que “contribuirá a difundir a identidade e a cultura da comunidade para o próximo Xacobeo 21”.

Inauguración da Exposición / Xunta de Galicia

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...