InicioCulturaHomenaxe ao primeiro trobador da historia literaria de Galicia

Homenaxe ao primeiro trobador da historia literaria de Galicia

Sarria acolle o sábado 30 de novembro unha xornada literaria e musical que honra a figura de Martín de Padrozelos. Proxectarase un documental e haberá outras actividades ao longo do día.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) organiza unha interesante xornada literaria e musical en recoñecemento do legado que deixou o trobador Martín de Padrozelos, orixinario da zona de Lóuzara, en Samos.

As actividades comezan na Casa da Cultura de Sarria ás 12:00 h. e ás 12:15 procederase á proxección do documental “Trobador no Camiño: Andares pola lírica de Martín de Padrozelos”. Trátase dun traballo audiovisual de Xoán Piñeiro que foi rodado en diferentes puntos da comarca como o Val do Mao, no Incio, Triacastela, o Camiño de Santiago, o mosteiro beneditino e o castro de Formigueiros en Samos e Lóuzara.

A continuación, sobre as 12:45 h., terá lugar unha mesa redonda na que intervirán Luís Celeiro Álvarez, xornalista e promotor do proxecto; o mestre, escritor e músico Baldomero Iglesias Dobarrio; o xornalista especialista en literatura medieval, José Martinho Montero Santalha; a profesora e autora da tese de licenciatura sobre o trobador homenaxeado, Dulce Fernández Graña; e o escritor do libro “Martín de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?”, Xulio Pardo de Neyra.

Ás 14:50 h. quedou programado o xantar de confraternidade entre os/as que se anotaron previamente e a comida terá lugar no Hotel Alfonso IX de Sarria.

A xornada cultural rematará cunha dedicatoria musical que terá como escenario a Igrexa de Santa Mariña, na rúa Maior de Sarria. Ás 18:00 h. a Quenlla ofrecerá un concerto no que interpretará temas de Martín de Padrozelos. As dez cantigas deste autor medieval sarriano forman parte do CD “Trobador no Camiño, as cantigas de Martín de Padrozelos”, pezas musicadas e interpretadas por este grupo musical, un dos referentes da música comprometida do noso país.

Portada do CD da Quenlla

Colaboran na organización: a Academia Xacobea e os Concellos de Sarria, Samos e O Incio. A xunta de Galicia patrocina a través do programa ‘O teu Xacobeo’.

A entrada a estas actividades é de balde ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...